Thursday 25 de April de 2024

Unhas 100 persoas participaron esta mañá na Andaina do Camiño da Igualdade organizada por Touro, Boqueixón e Vedra para difundir os valores da igualde na semana do 8M


Arredor de 100 persoas participaron esta mañá na Andaina no camiño da Igualdade, organizada polos Concellos de Touro, Boquexión e Vedra, con motivo do 8M Día da Muller. Desde pasadas ás 9 da mañán comenzaron a chegar participantes ao Campo da Festa de Bendaña, parroquia do Concello de Touro situada á beira do Ulla. Alí concentráronse para iniciar a camiñada de 12 quilómetros, que comezou pasadas ás 9.30 horas. Os organizadores repartiron aos asistentes camisetas moradas co lema ‘8M no camiño da Igualdade’. Ainda que o ceo estaba nubrado, non caeu auga durante o percorrido da andaina, que na súa maioría foi pola beira do Ulla. As persoas que participaron poideron desfrutar da natureza dos tres concellos polo que circulou o roteiro, que finalizou arredor das 13.00 horas na Ponte de Gundián, no Concello de Vedra. Ao longo da ruta había estratéxicamente ubicados diferentes carteis lembrado a figura de diferentes mulleres que son referentes en diversos eidos. Eses carteis temán invitaban a reflexionar plantexando diferentes preguntas para poder compartir sensacións e reflexións durante a camiñada entre os participantes. O obxectivo da andaina tamén foi o de poñer en valor o compromiso para difundir os valores da igualdade e camiñar cara unha sociedade máis xusta.